O día 17 de xullo a Consellería do Mar resolve a concesión dunha axuda ao proxecto «Mellora da seguridade e das condicións de traballo na Lonxa de Portonovo»  por un importe de 35.670€ na convocatoria de 2022 (Orde do 31 de xaneiro do 2022) dentro do programa do FEMP de fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo dos portos pesqueiros, lugares desembarco, lonxas e ancoradoiros.