O día 5 de xuño a Consellería do Mar resolve a concesión dunha axuda ao proxecto «Mellora das instalacións frigoríficas de producción e dispensación automática de xeo na Confraria de pescadores San Roque de Portonovo» por un importe de 180.000€ na convocatoria de 2023 (Orde do 13 de xaneiro do 2023) dentro do programa do FEMP de fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo dos portos pesqueiros, lugares desembarco, lonxas e ancoradoiros.